Ao longo do curso a ANPA A Barxa organiza e colabora en múltiples celebracións e eventos que dan vida ao colexio e reforzan o sentimento de comunidade. Son xuntanzas abertas a todo o alumnado e ás súas familias.

Citas sinaladas
Entre as citas máis sinaladas do calendario están:
- Magosto — Celebración do outono con castañas e música.
- Festa de Nadal — Actuacións do alumnado e chegada do Apalpador.
- Entroido — Desfile e festa de disfraces polas aulas.
- Samaín – Antiga festividade de orixe celta que marca a transición entre o fin do verán e o comezo do inverno.
- Festa de fin de curso — Cea e festa de despedida do curso escolar.
Ademais, ao longo do ano celebramos tamén o Día da Muller, o Día do Libro e outras efemérides en coordinación co equipo docente.
