
Actividades
Actividades da Asociación de Nais Pais e Alumnos.
As nosas actividades
Vota unha ollada a nosa galería de fotos.
Sobre a ANPA
A ANPA A Barxa xestiona e organiza unha ampla variedade de servizos e actividades ao longo do curso escolar co obxectivo de apoiar ás familias e enriquecer a experiencia educativa do alumnado. Desde o comedor e a aula matinal ata as extraescolares, o horto ou o proxecto de coeducación, cada iniciativa está pensada para responder ás necesidades reais das familias do CEIP García Barbón.

Servizos Dispoñibles
Servizos e actividades para as familias socias.
Aula Matinal
De 7:30 a 9:00h, para facilitar a conciliación.
Extraescolares
Deportivas, lúdicas, educativas…
Igualdade
Proxecto “Coeducando na barxa”.
Dinamización
Actividades para formentar o uso do galego.
Comedor
Con menús adaptados (alerxias e intolerancias).
Horto
Educación ambiental dentro do recinto escolar.
Eventos
Festas e actividades en datas sinaladas.
Campamentos
Campamentos ao longo de todo o ano.
Preguntas frecuentes
Como me asocio á ANPA?
A inscrición faise a través da aplicación Ábaco. Podes descargala no teu móbil e cubrir os datos da unidade familiar. Na sección “Únete” desta web tes o enlace directo.
Canto custa a cota de socio/a?
A cota anual inclúe o acceso ás actividades e servizos en condicións preferentes para as familias socias. O importe concreto pódese consultar na app Ábaco ou contactando coa ANPA.
Que servizos ofrece a ANPA?
Xestionamos o comedor escolar, a aula matinal, as actividades extraescolares e promovemos proxectos propios como o horto ecolóxico, a comisión de igualdade e a dinamización da lingua galega a través de “Lareando no Barbón”.
Como podo contactar coa ANPA?
Podes pasarte pola oficina no colexio en horario de 9:00 a 9:30 e de 12:30 a 18:30h, chamar ao 660 17 52 15 (tamén WhatsApp), escribir a anpa.garcia.barbon@gmail.com ou usar a app Ábaco.
