
O Noso Nome
O nome desta ANPA ten a súa orixe no nome que recibía a zona na que está o colexio hai moitos anos. Unha “barxa” é un terreo húmido próximo a un curso de auga e a zona na que se asenta hoxe o noso cole recibía este nome porque estaba atravesada por un rego. Esta asociación de nais e pais trata asi de recuperar ese topónimo tradional e contribuir á memoria colectiva.
Esta ANPA ten como finalidade velar polos intereses dos nenos e nenas, polo seu benestar e tamén polo das familias que a forman. Con esta intención organizamos e xestionamos a Aula Matinal, o comedor e as actividades extraescolares asi como outras actividades que representan tamén o que somos e o que queremos facer, vinculadas con noso horto e co proxecto Coeducando na barxa, que pretende levar a igualdade e a coeducación a toda a comunidade educativa.
¿Quen somos?
A directiva da ANPA está formada por nais e pais coma ti, de nenos e nenas do colexio, que tratán de axudar e aportar cada un o seu grao de area para que o noso centro educativo sexa mellor e para que siga habendo comedor escolar, actividades extraescolares e celebracións.
FOANPAS

A “ANPA do CEIP García Barbón” é membro de FOANPAS, que é a “Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado”.
Esta federación está formada en exclusiva por ANPAS procedentes do ensino público, que aceptan os principios nos que se fundamenta esta Federación, que son conquerir un ensino público de alta calidade e gratuíto que desenvolva a personalidade humana no respecto aos principios democráticos, e as liberdades fundamentais, centrado no pais e aberto ao mundo e formando no respecto do pluralismo e da convivencia.
Tedes máis información na web de FOANPAS.
